ÁMBITO ESCOLAR
O ámbito escolar é un dos medios máis idóneos para levar a cabo actividades
de promoción da saúde e prevención das condutas adictivas. Mediante a
aplicación de varios programas pertencentes a carteira de Servizos en materia
de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas (Programa de prevención do consumo de drogas no ámbito educativo
(PPDCE), CINENSINO, Saúde na escola, Non pasa nada, pasa algo?, e Intervención
socioeducativa na aula), preténdese formentar a formación integral dos e
das escolares de infantil, primaria e secundaria, previndo así, futuras
condutas adictivas.
Máis específicamente coas actividades que se desenvolven no ámbito escolar
dende a Educación Infantil ata o último curso da Educación Secundaria
Obrigatoria preténdense acadar os seguintes obxectivos específicos:
- Elaborar estratexias formativas para a
educación en valores prosociais.
- Mellorar a autoestima, toma de
decisións, intelixencia emocional e resolución de
conflitos
do alumando.
do alumando.
- Fomentar a valoración do alumnado en
relación a súa propia saúde.
- Mellorar os coñecementos e actitudes do
alumnado cara unha axeitada saúde física,
psicolóxica e social.
psicolóxica e social.
- Aumentar o coñecemento sobre as drogas e
outras condutas adictivas, os seus riscos,
as
súas consecuencias sobre a saúde, a apariencia física e as repercusións
do seu
consumo no ámbito escolar e
familiar.
12/06/2020
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA PREVENCIÓN
DAS CONDUTAS ADICTIVAS
ÁMBITO EDUCATIVO: CURSO ESCOLAR 2020-2021
No hay comentarios: