NOVAS DE INTERESE

2/06/2023
O Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido
local dos Concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, segue
apostando pola prevención do consumo de tabaco e o fomento do abandono do seu
consumo entre a poboación fumadora dos cinco concellos; ofrecendo ASESORAMENTO
PSICOLÓXICO GRATUÍTO para todas
as persoas fumadoras que desexen deixar de fumar e/ou acceso a material de
apoio para deshabituarse do seu consumo.
Solicitude Asesoramento Psicolóxico (Psicóloga xeral sanitaria especializada en condutas adictivas, nº colexiada: G-6515): 986595922/ prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.
Material de apoio para o abandono do tabaco:
MATERIAL AXUDA ABANDONO TABACO
Hoxe, 31 de
maio, conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Dende os concellos de Cuntis, Barro,
Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das
condutas adictivas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS)
, co fin de resaltar os riscos asociados ao
tabaquismo; tanto para a saúde, como noutros ámbitos, e
avogar por políticas eficaces para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o
seu abandono entre as persoas fumadoras.
Resaltamos o lema do Día Mundial Sen Tabaco
deste ano 2023, que se centra nos prexuízos que o tabaco xera na nosa saúde, a
dos agricultores e a do planeta.
“CULTIVA ALIMENTOS, NON TABACO”
A continuación adxúntase o Manifesto do Día
MUNDIAL SEN TABACO 2023, así como o cartel da campaña da OMS para conmemorar este día.
22/01/2021
Ao longo desta semana fíxose entrega, seguindo todos os protocolos sanitarios, dos CALENDARIOS SAUDABLES 2021 nos centro educativos dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas. Con eles, dende o Proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, e como complemento doutras actividades de promoción de hábitos saudables e prevención das condutas adictivas que se realizan dende inicios do curso escolar 2020/2021 no ámbito escolar, preténdense fomentar hábitos de vida saudable e previr futuras condutas adictivas entre o alumnado dos cinco concellos. Perseguindo así, potenciar un importante factor de protección como é a concienciación sobre a importancia da propia saúde e da saúde da comunidade en xeral. Dando deste xeito prioridade, como non pode ser doutra forma, e máis no momento actual ao fomento de políticas de Saúde Pública.
XUNT@S CONSTRUÍMOS SAÚDE
Clica no seguinte texto para acceder ao calendario en pdf:
Hoxe 15 de Novembro conmemórase en todo o mundo o Día Mundial
sen alcol. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade
se cabe á saúde pública e individual. Para iso dende os concellos de Cuntis,
Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das
condutas adictivas queremos sumarnos á OMS para levar a cabo, hoxe 15 de
novembro, unha campaña de sensibilización sobre os riscos do consumo de alcol
en menores e sobre os riscos do consumo abusivo na poboación xeral dos cinco
concellos antes sinalados.
Segundo datos da OMS, o alcol ocasiona
arredor de 3,3 millóns de mortes anuais, supoñendo isto o 5,9% das defuncións a
nivel mundial. Ademais, existe unha clara relación causal entre o consumo abusivo
de alcol e unha serie de trastornos mentais e comportamentais, amais de enfermidades
non transmisibles e traumatismos.
Por todo iso, e co obxectivo de reducir
a carga de morbilidade causada polo consumo abusivo de alcol e, en consecuencia,
salvar vidas; dende o Proxecto de Prevención das condutas adictivas no eido
local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas lévanse a cabo
intervencións preventivas encamiñadas a reducir o consumo abusivo de alcol na
poboación xeral, evitar o consumo de bebidas alcólicas por parte de menores de
idade e promover a modificación de
actitudes e comportamentos permisivos da sociedade en relación ao alcol.
Máis específicamente hoxe, día Mundial
sen alcol, dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas quérese
recordar que o alcol é unha droga que causa serias repercusións na saúde
física, mental e social das persoas; especialmente se o consumo se inicia
durante a adolescencia, á vez que reiterar a importancia da implicación de toda
a sociedade para lograr a efectividade das intervencións preventivas antes
sinaladas.
Finalmente, anímase á poboación a
reflexionar sobre o seu consumo, seguindo o indicado na táboa que se mostra a
continuación. Ao mesmo tempo quérese recordar que está prohibida a venda,
suministro e dispensación de bebidas alcólicas a persoas menores de 18 anos (Lei
11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en
menores de idade).
E ti, a
que grupo pertences?
TIPOS
DE CONSUMO DE ALCOL |
|||
|
CONSUMO
ABUSIVO |
CONSUMO
MODERADO |
NON
CONSUMO |
HOMES |
Máis de 30 g/día |
Ata 30 g/día 3 bebidas fermentadas 1 bebida destilada e 1 fermentada |
0 g/día |
MULLERES |
Máis de 20 g/día |
Ata 20 g/día 2 bebidas fermentadas 1 bebida destilada |
0/g día |
Únete ao
grupo das gañadoras e dos gañadores
PROTEXE A TÚA
SAÚDE
7 DE ABRIL MANIFESTO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
No hay comentarios: