ÁMBITO FAMILIAR
14/05/2021
Mañá 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias
para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación
das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes permanentes.
A pesar de que o concepto de familia se transformou nas últimas décadas
evolucionando segundo as tendencias mundiais e demográficas, dende Nacións
Unidas (ONU) considérase que a familia conforma a unidade básica da sociedade,
desempeñando polo tanto, un papel principal na transmisión de valores
prosociais e de hábitos saudables. Por este motivo dende as institución
públicas e dende outros estamentos sociais débense promover iniciativas que
fomenten e melloren o mantemento e desenvolvemento familiar.
Nesa liña de actuación, dende o Proxecto de prevención das condutas
adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas
elaborouse e editouse unha GUÍA PARA FAMILIAS sobre condutas
adictivas, a través da cal, as familias poden ter información básica sobre
condutas adictivas, obter directrices xerais de actuación ante posibles
indicios do inicio do consumo de drogas ou de abuso das novas tecnoloxías, e
coñecer os recursos públicos aos que poden acudir para pedir asesoramento ou
tratamento de prevención e intervención nas condutas adictivas.
Accede
a GUÍA DE FAMILIAS premendo na seguinte imaxe:
31/05/20
Para participar debedes clicar no seguinte IMAXE:
Nas próximas semanas incluiremos novas actividades/xogos e recomendacións de materiais para o traballo das emocións, habilidades sociais e prevención das condutas adictivas dende a familia. Todo seguindo unha metodoloxía entretida e lúdica, que permita sobrelevar de foma máis positiva o confinamento á vez que nos permita saír del sendo mellores persoas.
2ª SEMANA
ANIMÁDESVOS?
Para participar inicia o xogo na seguinte imaxe:
1ª SEMANA
Nestas primeiras semanas ofrecémosvos unhas DIRECTRICES BÁSICAS sobre cómo sobrelevar o confinamento cos/as adolescentes e a posibilidade de que aflore un posible consumo de drogas.
De igual xeito, ofrecémosvos varios enlaces a contos e recomendacións para traballar cos máis pequenos/as a xestión emocional desta situación, a aceptación do confinamento, e o entendemento sobre o Covid-19. Intentando favorecer un bo equilibrio emocional dos/as máis pequenos/as nestes momentos tan complexos.
- ROSA CONTRA EL VIRUS. (Conto elaborado polo Colexio Oficial de Psicólogos/as de Madrid co obxectivo de poder transmitir de forma axeitada ós nenos e nenas información sobre o coronavirus e outros virus).
- MI CASA ES UN CASTILLO. (Conto que persegue fomentar o equilibrio nas rutinas diarias. Mostra varios consellos para entreter ós nenos e ás nenas en situacións de confinamento, fomentando en todo momento a súa formación integral e o seu equilibrio emocional).
- PAUTAS DE XESTIÓN EMOCIONAL. (Breves pautas para o fomento dunha xestión emocional postitiva que permita reducir o estrés e fomentar a calma e a tranquilidade na familia).
- RETRINCOS DE CORES (Conto elaborado polo Colexio Oficial de psicólogos/as de Galicia que propón varias orientacións destinadas a pais/nais preocupados pola educación emocional dos seus fillos/as. Propoñendo o debuxo e a escritura como unha boa ferramenta de xestión emocional e de solución de problemas).
Finalmente, propoñémosvos a realización en familia do Kahoot EMOCIÓNOME, EMOCIÓNASTE, EMOCIONÁMONOS!,con el ademáis de pasar un intre entretidos/as en familia poderedes aprender e traballar a xestión das vosas emocións e habilidades sociais.
ANIMÁDESVOS?
Para participar debedes clicar no seguinte enlace e introducir un nome de usuario/a:
https://kahoot.it/challenge/0300394?challenge-id=cfbd0f08-7820-4a7e-b346-1172a2210e2c_1585732532241
Se tedes algún problema introducide o código 0300394
Tras a realización do Kahhot EMOCIÓNOME, EMOCIÓNASTE, EMOCIONÁMONOS!, propoñémosvos continuar o traballo/xogo sobre as emocións en familia co visionado da película Do revés, e da curta Paxaros de Pixar, coas que poderedes reflexionar sobre as emocións propias e dos/as demáis, a importancia de todas elas no noso equilibro persoal, e o imprescindible que é o cultivo da empatía, para así conformar unha sociedade máis equitativa, igualitaria e xusta.
Nas próximas semanas incluiremos novas actividades/xogos e recomendacións de materiais para o traballo das emocións, habilidades sociais e prevención das condutas adictivas dende a familia. Todo seguindo unha metodoloxía entretida e lúdica, que permita sobrelevar de foma máis positiva o confinamento á vez que nos permita saír del sendo mellores persoas.
No hay comentarios: