O consumo de drogas é un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade actual; afectando ao benestar e axeitado desenvolvemento da comunidade.
Nos últimos anos o consumo de drogas en Galicia, sufríu unha serie de variacións, non só relativas ao aumento do número de consumidores/as, senón tamén relacionadas cos cambios no tipo de drogas, o xeito de consumilas, as actitudes cara esas substancias e no significado que teñen estes consumos para a poboación en xeral.
Non obstante, grazas as intervencións integrais que dende institucións públicas e privadas se levan a cabo en varios ámbitos, entre eles o Comunitario, logrouse que a tendencia crecente dos consumos comezara a quebrarse nos últimos anos, de maneira que os consumos da maioría das drogas se estabilizaron ou sufren un lixeiro retroceso.
Con todo, na nosa contorna o consumo de substancias psicoactivas segue sendo elevado, polo que a comunidade en xeral debe implicarse, actuar como mediadora para a saúde e participar en iniciativas preventivas que permitan a promoción de hábitos saudables e a redución da prevalencia dos consumos de drogas e outras condutas adictivas.

31/05/21
Hoxe, 31 de Maio, conmemórase en todo o mundo o Día Mundial
sen tabaco. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade,
se cabe, á saúde pública e individual. Para iso, dende os concellos de Cuntis,
Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das
condutas adictivas, queremos sumarnos á OMS na súa campaña de fomento do
abandono do consumo de tabaco.
“COMPROMÉTETE A DEIXAR
O TABACO AO LONGO DA COVID-19”
Con esta campaña preténdese capacitar ás persoas fumadoras para
que intenten deixar de consumir tabaco; poñendo, para elo, a disposición da
poboación fumadora dos cinco concellos material de axuda e asesoramento
psicolóxico gratuíto, co que se pretende facilitar o proceso de deshabituación
do consumo de tabaco.
Contacto equipo prevención: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es
986595922
Material de apoio para o abandono do tabaco:
MATERIAL AXUDA ABANDONO TABACO
A continuación adxúntase o Manifesto do Día
MUNDIAL SEN TABACO 2021, así como un Folleto informativo con CLAVES breves e sinxelas para facilitar
o abandono do seu consumo.
15/11/2020
DÍA MUNDIAL SEN ALCOL
Hoxe 15 de Novembro conmemórase en todo o mundo o Día Mundial
sen alcol. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade
se cabe á saúde pública e individual. Para iso dende os concellos de Cuntis,
Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das
condutas adictivas queremos sumarnos á OMS para levar a cabo, hoxe 15 de
novembro, unha campaña de sensibilización sobre os riscos do consumo de alcol
en menores de idade.
Para isto, queremos propoñer un xogo, ALCOL, CANTO SABES? A través do cal pasar un intre entretido, á vez que indagar sobre o coñecemento que cada persoa ten sobre o alcol,
os seus riscos e os principais mitos que existen sobre o seu consumo. Animádevos?

Para participar clica no seguinte enlace, e introduce o
contrasinal PREVENCION.
https://view.genial.ly/5f995f48a0b9700d6f2c8b7d
13/08/2020
O Proxecto de prevención das condutas
adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas quere
informar a veciñanza e ó sector hosteleiro dos cinco concellos, que
a Xunta de Galicia ven de establecer unha nova medida para complementar a
prevención fronte a crise ocasionada polo COVID-19 que entra en vigor no día de
hoxe, xoves 13 de agosto de 2020 (Orde do 12 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas
no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas
de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo
COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha
nova normalidade) establecendo que:
«No caso particular de
consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao
aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de
máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en
conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida
garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con
outras persoas»
Grazas pola colaboración.
05/08/2020
Dende
o Poxecto de Prevención das condutas adictivas de Cuntis, Barro, Campo Lameiro,
Moraña e Portas preséntase unha nova actividade de OCIO destinada á
poboación dos cinco concellos, especialmente á XUVENTUDE,
A BUSCA DA FONTE DA VIDA.
“Ano
2050, tras varios avisos da natureza a humanidade atópase en perigo. O cambio
climático e varios virus, ameazan a supervivencia da especie humana. Tras
multiples investigacións a única solución é atopar A FONTE DA VIDA e reiniciar
o planeta…”
Atréveste a participar neste ESCAPE ROOM virtual e intentar
salvar o MUNDO poñendo a proba o teu inxenio?

Para participar clica no seguinte enlace, e
introduce o contrasinal PREVENCION
https://view.genial.ly/5ee218d4f260380d8364f6d2/game-breakout-salvemos-o-mundo
SEMANA SEN TABACO
6/06/20
Hoxe, como último día da SEMANA SEN TABACO queremos propoñer
un xogo, TABACO, CANTO
SABES? a través do
cal pasar un intre entretidas e entretidos á vez que indagar sobre o coñecemento que temos sobre o tabaco e os
novos produtos do tabaco. Animádevos?
Para participar clica no seguinte enlace, e introduce o
contrasinal PREVENCIÓN
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
5/06/20
Case no final desta SEMANA SEN TABACO queremos publicar
varios VÍDEOS da CAMPAÑA do DÍA MUNDIAL SEN TABACO 2020 da OMS cos que se pretende sensibilizar a poboación
en xeral e especialmente ós máis novos e novas e as súas familias sobre as
estratexias e campañas de márketing que dende as industrias tabaqueiras se
están levando a cabo, coa intención de enganar e enganchar a unha nova
xeración ó tabaco e/ou a outros produtos relacionados. Conseguindo
así, seguir gañando millóns a costa da saúde de toda a poboación.
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
4/06/20
Neste quinto día da SEMANA SEN TABACO queremos continuar coa
campaña de “Contramárketing” ás artimañas da Industria tabaqueira, publicando
unha breve información sobre os NOVOS PRODUTOS DO TABACO que a industria tabaqueira intenta
vender como menos perxudiciais ou inofensivos para a saúde. Intentando así,
burlar as normativas cada vez máis estrita do Tabaco é enganar a unha nova
xeración. Abogando ó dereito de elección da poboación cando o que realmente queren
é seguir ganando cartos a costa da poboación, aínda que eso implique miles de
mortes anuais.
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
2/06/20
Neste terceiro día da SEMANA SEN TABACO, queremos publicar
uns Consellos para DEIXAR DE FUMAR, xa que o mellor que pode facer unha
persoa fumadora pola súa saúde e a do seu entorno é deixar de fumar. Recordando
que, en caso necesario, pódese recurrir
a recursos gratuítos como o centro de saúde e o servizo de prevención de
condutas adictivas (tlf: 695579800,
mail:prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es), onde asesorarán sobre os
tratamentos eficaces para o abandonado do tabaquismo (T. farmacolóxico, T. psicolóxico,
T. combinado).
Decide
deixar de fumar
Sentiraste mellor, mellorará a túa saúde, a da túa familia, a
túa economía e deixarás de depender do tabaco.
1/06/20
Para continuar coa SEMANA SEN TABACO, hoxe publícase un breve
folleto informativo sobre a relación entre o TABACO e o COVID-19, baseado nos achados científicos
obtivos ata o momento, que indican que o
tabaco lonxe de protexer do contaxio do COVID-19, pode aumentar o seu contaxio
polo acto de fumar e actúa como importante factor de risco unha vez contaxiada
a enfermidade.
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
31/05/20
31 DE MAIO-DÍA MUNDIAL SEN TABACO
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
Nesta segunda entrada
queremos propoñervos a participación na actividade
O PASAPALABRA D@S MEDIADOR@S DA PREVENCIÓN, con ela poderedes
comprobar o voso coñecemento sobre a prevención das condutas adictivas e a
promoción de hábitos saudables, adquirindo así, novas aprendizaxes que
permitirán fomentar o voso papel como mediador@s sociais na prevención das
drogodependencias e outras condutas adictivas.
ANIMÁDESVOS A PARTICIPAR?
Para participar inicia o xogo na
seguinte imaxe
A continuación deixamos un enlace para acceder a
10 CONSELLOS PSICOLÓXICOS para coidarnos na emerxencia do Covid-19 propostos polo Colexio Oficial de Psicolog@s de Galicia.
De igual xeito, informamos dun novo servizo de atención psicolóxica 24h dende o 112, coa colaboración do Colexio Oficial de psicolog@s de Galicia.
No hay comentarios: