15/11/2020
Hoxe 15 de novembro conmemórase en todo o Mundo o Día Mundial sen alcol. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade
se cabe á saúde pública e individual. Para iso dende os concellos de Cuntis,
Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das
condutas adictivas queremos sumarnos á OMS para levar a cabo, hoxe 15 de
novembro, unha campaña de sensibilización sobre os riscos do consumo de alcol
en menores de idade.
Para isto, queremos propoñer un xogo, ALCOL, CANTO SABES? A través do cal pasar un intre entretido, á vez que indagar sobre o coñecemento que cada persoa ten sobre o alcol,
os seus riscos e os principais mitos que existen sobre o seu consumo. Animádevos?
Para participar clica no seguinte enlace, e introduce o
contrasinal PREVENCION.
https://view.genial.ly/5f995f48a0b9700d6f2c8b7d
SEMANA SEN TABACO
05/08/2020
Dende
o Poxecto de Prevención das condutas adictivas de Cuntis, Barro, Campo Lameiro,
Moraña e Portas preséntase unha nova actividade de OCIO destinada á XUVENTUDE
dos cinco concellos,
A BUSCA DA FONTE DA VIDA.
“Ano
2050, tras varios avisos da natureza a humanidade atópase en perigo. O cambio
climático e varios virus, ameazan a supervivencia da especie humana. Tras
multiples investigacións a única solución é atopar A FONTE DA VIDA e reiniciar
o planeta…”
Atréveste a participar neste ESCAPE ROOM virtual e intentar
salvar o MUNDO poñendo a proba o teu inxenio?

Para participar clica no seguinte enlace, e
introduce o contrasinal PREVENCION
https://view.genial.ly/5ee218d4f260380d8364f6d2/game-breakout-salvemos-o-mundo
6/06/20
Hoxe, como último día da SEMANA SEN TABACO queremos propoñer
un xogo, TABACO, CANTO
SABES? a través do
cal pasar un intre entretidas e entretidos á vez que indagar sobre o coñecemento que temos sobre o tabaco e os
novos produtos do tabaco. Animádevos?
Para participar clica no seguinte enlace, e introduce o
contrasinal PREVENCIÓN
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
4/06/20
Neste quinto día da SEMANA SEN TABACO queremos continuar coa
campaña de “Contramárketing” ás artimañas da Industria tabaqueira, publicando
unha breve información sobre os NOVOS PRODUTOS DO TABACO que a industria tabaqueira intenta
vender como menos perxudiciais ou inofensivos para a saúde. Intentando así,
burlar as normativas cada vez máis estrita do Tabaco é enganar a unha nova
xeración. Abogando ó dereito de elección da poboación cando o que realmente queren
é seguir ganando cartos a costa da poboación, aínda que eso implique miles de
mortes anuais.
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
31/05/20
31 DE MAIO- DÍA MUNDIAL SEN TABACO
Alcemos a
voz #TabaccoExposed
3ª
SEMANA
Nesta terceira entrada propoñémosvos a
realización dun novo XOGO, BOOM DOS MITOS DAS
DROGA, con el ó igual que cos
anteriores poderedes pasar un intre entretid@s ademáis de aprender/recordar os
principais riscos das drogas, especialmente do alcol, tabaco e cánnabis. Para
entrar só teredes que clicar na seguinte imaxe:
De igual xeito propoñémosvos ver a
película Precious, filme do 2009 (non
recomendado para menores de 13 anos)
que conta a historia dunha adolescente de Harlen Nova York, analfabeta e obesa,
cuia nai a maltrata constantemente.
Esta e outras situacións de abuso e maltrato fan da película unha boa
ferramenta para traballar a nosa empatía (capacidade de poñerse no lugar doutras persoas),
axuda mútua e resiliencia (capacidade
de adaptación que nos permite superar os problemas e aprender deles).
Co filme preténdense resaltar varios
valores prosociais, cales credes que son os máis importantes?, algún dos
seguintes?
AUTOESTIMA RESILIENCIA SOLIDARIDADE RESTECTO
Para rematar, esta nova entrada propoñémosvos
escoitar a canción “AVES ENJAULADAS", de Rozalén, e posteriormente
realizar a seguinte reflexión:
De que credes que fala a canción? Pódense
sacar aprendizaxes positivos de situaciónS complicadas como as que estamos a
vivir? Que aprendizaxe sacarías ti?, Que credes que queren dicir as seguintes estrofas?
“Pero mientras los pájaros rondan las casas
nido
Una primavera radiante avanza con sigilo
He zurcido mis telitas rotas con aguja e hilo
Me he mirado, valorado, he vivido.”
“Cuando se quemen las jaulas
Y vuelva a levantarse el telón
Recuerda siempre la lección
Y este será un mundo mejor”.
2ª
SEMANA
Nesta segunda entrada propoñémosvos a
realización dun novo Kahoot E TI, CANTO SABES DAS
DROGAS?, con el ó
igual que co anterior poderedes pasar un intre entretid@s ademáis de aprender/recordar
os principais riscos das drogas, estará activo ata o doce de maio. Para entrar só
teredes que clicar o seguinte enlace e poñer un nome de usuario/a:
Se tedes algún problema introducide o
código: 05647627
De igual xeito propoñémosvos ver a
película WONDER,
filme que conta a historia dun neno que
naceu cunha deformidade facial, tras 10 anos de encerro na casa asiste por
primeira vez o colexio, onde intentará encaixar e demostrar que é un neno
normal pese o seu físico.
Credes que ó longo do film se producen
escenas de acoso?, Que valores, ensinazas credes que se queren transmitir coa
película?, algunha das que seguen?
AMIZADE
AUTOESTIMA
SOLIDARIDADE RESTECTO
Para rematar, esta nova entrada propoñémosvos
escoitar a canción “ NO SUPO DECIR NO", e posteriormente
realizar a seguinte reflexión:
De que credes que fala a canción? A que droga
fai referencia? En que época foi realizada?, Na actualidade sigue existindo o
consumo desa droga?, Que credes que quere dicir a seguinte estrofa?
“Hoy lo puedes ver lamiendo su herida
Pidiéndole a la vida otra oportunidad.
Buscando una salida para empezar de nuevo
O esperando una mano que le abra las puertas del
cielo
Donde todo será mejor.”
Podedes enviar as vosas reflexións e
comentarios sobre a Película e Canción propostas nesta entrada a través do
apartado de COMENTARIOS que aparece ó final desta páxina adicada á
Xuventude.
1ª SEMANA
Nesta primeira
semana propoñémosvos a realizacióndo Kahoot E TI, QUE SABES DAS CONDUTAS ADICTIVAS?, con el ademáis de pasar
un intre entretidos/as poderedes aprender/recordar as principais
caracteristicas que determinan a adicción a unha droga e a outras condutas
adictivas. Para entrar só teredes que clicar o seguinte enlace e poñer un nome de usuario/a:
De igual xeito
propoñémosvos ver a película A OLA, filme baseado en feitos reais que conta a
historia dun experimento realizado por un profesor coa intención de
explicarlle o seu alumnado o funcionamento dos rexímenes totalitarios. Credes
que o resultado do experimento podería pasarnos a nós?, Poderían volver a
repetirse sucesos semellantes ós ocorridos en Europa durante o Nazismo?, Como
os podemos previr?
Para rematar,
esta semana propoñémosvos escoitar a canción "CIERRA LOS OJOS", de Melendi, eposteriormente realizar a seguinte reflexión:
Que credes que quere dicir Melendi cando di: "Sal ya de mi, que todo vuelva a ser igual que antes de ti"?, e "cuando crecen mis complejos veo tu sombra ofreciéndome la falsa libertad"? Finalmente que significa a penúltima estrofa da canción?
“Me cogiste cuando apenas era un niño
Entregándome dos alas pa volar
Yo firmé sin leer la letra pequeña
Donde ponía la ostia que
me iba a pegar
Podedes enviar as vosas reflexións e comentarios sobre a Película e Canción propostas para esta semana a través do apartado de COMENTARIOS que aparece ó final desta páxina adicada á Xuventude.
No hay comentarios: