NOVAS DE INTERESE

mayo 31, 2020

Nesta páxina poderase acceder a noticias de interese relacionadas coa promoción da saúde e a prevención das drogodependencias, así como ás actividades que dentro do Proxecto de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas se realicen.



2/06/2023

O Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local dos Concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, segue apostando pola prevención do consumo de tabaco e o fomento do abandono do seu consumo entre a poboación fumadora dos cinco concellos; ofrecendo ASESORAMENTO PSICOLÓXICO GRATUÍTO para todas as persoas fumadoras que desexen deixar de fumar e/ou acceso a material de apoio para  deshabituarse do seu consumo.

Solicitude Asesoramento Psicolóxico (Psicóloga xeral sanitaria especializada en condutas adictivas, nº colexiada: G-6515): 986595922/ prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.                    

Material de apoio para o abandono do tabaco: MATERIAL AXUDA ABANDONO TABACO




31/05/2023

Hoxe, 31 de maio, conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS) , co fin de resaltar os riscos asociados ao tabaquismo; tanto para a saúde, como noutros ámbitos, e avogar por políticas eficaces para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o seu abandono entre as persoas fumadoras.

Resaltamos o lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2023, que se centra nos prexuízos que o tabaco xera na nosa saúde, a dos agricultores e a do planeta.

“CULTIVA ALIMENTOS, NON TABACO”

A continuación adxúntase o Manifesto do Día MUNDIAL SEN TABACO 2023, así como o cartel da campaña da OMS para conmemorar este día.



22/01/2021

Ao longo desta semana fíxose entrega, seguindo todos os protocolos sanitarios, dos CALENDARIOS SAUDABLES 2021 nos centro educativos dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas. Con eles, dende o Proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, e como complemento doutras actividades de promoción de hábitos saudables e prevención das condutas adictivas que se realizan dende inicios do curso escolar 2020/2021 no ámbito escolar, preténdense fomentar hábitos de vida saudable e previr futuras condutas adictivas entre o alumnado dos cinco concellos. Perseguindo así, potenciar un importante factor de protección como é a concienciación sobre a importancia da propia saúde e da saúde da comunidade en xeral. Dando deste xeito prioridade, como non pode ser doutra forma, e máis no momento actual ao fomento de políticas de Saúde Pública.

              XUNT@S CONSTRUÍMOS SAÚDE

Clica no seguinte texto para acceder ao calendario en pdf: 

                       Calendario Saudable 2021



15/11/2020

Hoxe 15 de Novembro conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen alcol. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade se cabe á saúde pública e individual. Para iso dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas queremos sumarnos á OMS para levar a cabo, hoxe 15 de novembro, unha campaña de sensibilización sobre os riscos do consumo de alcol en menores e sobre os riscos do consumo abusivo na poboación xeral dos cinco concellos antes sinalados.



Hoxe 15 de novembro celébrase o día Mundial sen Alcol. Esta data foi instaurada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) co obxectivo de invitar á reflexión sobre o alcol e as súas consecuencias sobre a saúde, intentando así, concienciar á poboación sobre os graves efectos que conleva o consumo abusivo de alcol.

Segundo datos da OMS, o alcol ocasiona arredor de 3,3 millóns de mortes anuais, supoñendo isto o 5,9% das defuncións a nivel mundial. Ademais, existe unha clara relación causal entre o consumo abusivo de alcol e unha serie de trastornos mentais e comportamentais, amais de enfermidades non transmisibles e traumatismos.

Por todo iso, e co obxectivo de reducir a carga de morbilidade causada polo consumo abusivo de alcol e, en consecuencia, salvar vidas; dende o Proxecto de Prevención das condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas lévanse a cabo intervencións preventivas encamiñadas a reducir o consumo abusivo de alcol na poboación xeral, evitar o consumo de bebidas alcólicas por parte de menores de idade e promover a  modificación de actitudes e comportamentos permisivos da sociedade en relación ao alcol.

Máis específicamente hoxe, día Mundial sen alcol, dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas quérese recordar que o alcol é unha droga que causa serias repercusións na saúde física, mental e social das persoas; especialmente se o consumo se inicia durante a adolescencia, á vez que reiterar a importancia da implicación de toda a sociedade para lograr a efectividade das intervencións preventivas antes sinaladas.

Finalmente, anímase á poboación a reflexionar sobre o seu consumo, seguindo o indicado na táboa que se mostra a continuación. Ao mesmo tempo quérese recordar que está prohibida a venda, suministro e dispensación de bebidas alcólicas a persoas menores de 18 anos (Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade).

E ti, a que grupo pertences?

TIPOS DE CONSUMO DE ALCOL

 

CONSUMO ABUSIVO

CONSUMO MODERADO

NON CONSUMO

 

HOMES

Máis de 30 g/día

Ata 30 g/día

3 bebidas fermentadas

1 bebida destilada e 1 fermentada

0 g/día

MULLERES

Máis de 20 g/día

Ata 20 g/día

2 bebidas fermentadas

1 bebida destilada

0/g día

Únete ao grupo das gañadoras e dos gañadores

PROTEXE A TÚA SAÚDE

Proxecto de prevención das condutas aditivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas

(Tlf: 986595922, e-mail: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.



31/05/20


Hoxe 31 de Maio conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Neste momento que estamos a vivir, debemos darlle maior prioridade se cabe á saúde pública e individual. Para iso dende os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas queremos sumarnos á OMS para levar a cabo unha campaña de contramárketing que contrarreste as artimañas que dende a industria tabaqueira se están levando a cabo para captar novos clientes e clientas que substitúan ós millóns que van perdendo polas mortes prematuras que causa o consumo de tabaco. Nesta liña, ó longo da próxima semana celebrarase a SEMANA SEN TABACO, durante a cal se publicarán na web e/ou Facebook de cada concello e neste Blog materiais informativos sobre Tabaco e COVID-19 (Ámbito comunitario), A prevención do tabaquismo dende a familia (ámbito familiar), Consellos para deixar de fumar (Ámbito comunitario),Novos produtos do Tabaco (Ámbito xuvenil), Vídeos da campaña do Día Mundial sen tabaco da OMS 2020 (Ámbito xuvenil, familiar e comunitario) e o Xogo Tabaco, canto sabes? Baseado no formato do programa Queres ser millonari@? (Ámbito xuvenil, familiar e comunitario).
Hoxe domingo 31 de maio, damos comezo á dita SEMANA SEN TABACO coa publicación do Manifesto do Día MUNDIAL SEN TABACO, a través do cal se pretende sensibilizar a poboación xeral sobre a importancia de protexer ás e ós menores de idade fronte ó tabaco e os novos produtos do tabaco, evitando así, unha nova xeración enganada polas mentiras da industria tabaqueira.

Alcemos a voz #TabaccoExposed



25/04/20


Dende o Poxecto de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas preséntase o vídeo da actividade XUNT@S CREAMOS SAÚDE, nel pódense ver os debuxos saudables participantes nesa actividade e algún dos gañador@s dos pasados Certames de debuxos saudables realizados no ámbito educativo.
Cos debuxos que aparecen no vídeo os nenos e nenas dos cinco concellos deixan claro o camiño que leva a unha vida máis saudable e feliz.

#EUQUEDONACASA

Clica no seguinte texto para visualizar o vídeo:









7 DE ABRIL MANIFESTO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE




No hay comentarios:

Con la tecnología de Blogger.